Master & Dynamic presenta os seus primeiros auriculares con cancelación de ruÃdo
martes, 7 de maio do 2019
Fabricantes de produtos de estética coidada e acabados de
luxo como Master & Dynamic tamén sobren ao carro dos auriculares con
cancelación de ruÃdo activa, tan apreciada polos usuarios de transporte público
para poder illarse de certos ruÃdos ambientais que poden resultar moi molestos,
e presentan os auriculares sen fÃos MW65 en dúas cores (marrón ou negra) que poden
mercarse por 499 euros, deixando claro que estamos ante un produto de luxo.
Estes auriculares sen fÃos están pensados para o uso diario e as viaxes, que
cos seus materiais de calidade (lixeiro aluminio anodizado e pel) para unha
comodidade superior, dous modos de cancelación de ruÃdo activa (un lixeiro para
contornos con pouco ruÃdo ou simplemente con vento, e outro máis potente para
rúas, avións e outros contornos ruidosos), dobre microfonÃa para filtrar o ruÃdo
externo e asà permitir chamadas telefónicas máis claras, e unha baterÃa que
achega até 24 horas de autonomÃa (que pode cargarse até a metade en só 15
minutos).
AÃnda que os auriculares MW65 funcionan con Bluetooth 4.2 (cunha cobertura de
até máis de 20 metros de distancia e soporte de AptX e SBC), tamén poden
empregarse mediante cable e son compatibles co asistente de Google. Pese a ter
certo tamaño, dado o formato deste tipo de auriculares (que cobren a orella), o
seu peso é de 245 gramos.
VÃdeo promocional dos novos auriculares de Master & Dynamic