Max Payne 3 estrea versión para OS X
xoves, 20 de xuño do 2013
O xogo que trouxo de retorno as aventuras de Max Payne tras
unha longa ausencia chega hoxe
oficialmente á Mac App Store a un prezo de 35,99 euros, de xeito que os
usuarios de OS X 10.7.5 ou superior que teñan un equipo relativamente potente (precisa
dun procesador Intel Dual Core Xeon ou Core i Series a un mÃnimo de 2,4 GHz, 4
Gb de RAM e gráfica nVIDIA 8800GT con 512 Mb de memoria de vÃdeo ou AMD Radeon
HD 4870 con 512 Mb de memoria de vÃdeo) e 40 Gb de espazo de disco libre
poderán facerse con Max Payne 3, traendo
de volta as populares mecánicas de tempo
bala que caracterizan a esta saga.
O xogo chega con opcións avanzadas para axustar o seu nivel gráfico, conta con
texturas e modelados de alta resolución.3D e modo multi-xogador que permite o
xogo cruzado con xogadores da versión de PC deste tÃtulo.
Max Payne 3 conta cunha coidada
historia na que percorre distintos anos e localizacións posteriores aos eventos
de Max Payne 2, correndo a acción principal
en Brasil, onde Payne traballa como responsable de seguridade dunha familia rica
que vese afectada por unha trama de traizóns que comeza co secuestro da filla
dun rico magnate inmobiliario.