Max Payne 3 sairá en marzo de 2012
xoves, 8 de setembro do 2011
Rockstar
Games anunciou oficialmente que o seu agardado xogo Max Payne 3
chegará oficialmente nas súas versións para Xbox 360, PlayStation 3 e PC en marzo de 2012,
polo que entendemos que o seu desenvolvemento marcha a moi bo ritmo. Este
rexurdir das historias do detective neoiorquino Max Payne supón un importante
cambio na saga, pois estrea modo multixogador e unha historia ambientada en
distintos momentos da vida do protagonista (que segue atormentado polo seu
pasado). Nesta nova aventura Max inicia unha nova vida traballando en
seguridade privada, encargándose da protección dun rico empresario e a súa
familia en São Paulo, e ante un ataque deberá esforzarse para salvar aos seus
clientes e limpar o seu nome.
O xogo utiliza tecnoloxía punteira para crear unha experiencia de acción
perfecta e cinematográfica, cos últimos avances de Natural Motion nas físicas e
unha nova versión do Rockstar Advanced Game Engine. Tamén conta cun amplo
repertorio de armamento real, un sistema de cobertura intelixente e
sofisticadas mecánicas de Tempo Bala que son toda unha marca da casa.
- Max Payne deberá protexer á familia dun empresario en São Paulo
- No xogo tamén transcorrerá no pasado de Max Payne, completando a historia e enriquecendo a mecánica de xogo