Media Markt abre na Coruña a súa segunda tenda en Galicia

mércores, 28 de outubro do 2009 Marcus Fernández

A empresa xermana Media Markt, o maior especialista europeo en informática, audio-vídeo, fotografía, telecomunicacións e electrodomésticos, continúa coa súa política de expansión nacional e afianza a súa presenza en Galicia coa apertura dun centro na Coruña, mañá xoves 29 de Outubro, que únese á tenda de Vigo, en funcionamento dende febreiro de 2008. O novo establecemento, cunha superficie comercial de 3.000 m2, supón a creación dun cento de postos de traballo directo. Con este novo centro, Media Markt sumará un total de 51 establecementos distribuídos por toda España.

JPEG - 208.5 KB
Álvaro Jiménez e Xavier Rofes foron os encargados de presentar ante os medios de comunicación a segunda tenda galega de Media Markt.

Situada no Centro Comercial Dolce Vita, Media Markt A Coruña segue fiel á filosofía que rexeu a compañía dende as súas orixes: asesoramento persoal e profesional ao cliente. O novo Media Markt dispón dun espazo interactivo único na Coruña no que os amantes das consolas poden probar os tres principais dispositivos (Wii, Xbox 360 e PS3) cunha extensa selección de xogos e accesorios, co que buscan achegarse a un público mozo, que é o principal obxectivo desta cadea de tendas de electrónica de consumo.
Por outra banda exporanse as últimas novidades en lecer e electrónica de gama alta, coma o televisor LCD Philips Cinema 21:9 de 56 polgadas, o único modelo do mundo con formato 21:9 panorámico que utiliza o formato real en que se gravan as películas de cine. Tamén conta cun espazo especial de informática que inclúe as últimas novidades de Apple e unha zona dedicada á nova tecnoloxía 3D aplicada á informática.
O novo establecemento, que en motivo da súa apertura mañá abrirá a partir das 9:00 horas, agardando recibir a máis de 20.000 clientes durante a súa grande inauguración, porá a disposición do público coruñés unha oferta de 50.000 produtos de primeiras marcas e marcas galegas de referencia no sector, coma Blusens.

JPEG - 97.2 KB
O xerente do establecemento coruñés, Álvaro Jiménez, amosando o televisor Philips Cinema 21:9

Poderanse atopar, ademais novidades do sector das novas tecnoloxías, a electrónica, a informática doméstica, a telefonía móbil (con presenza de produtos da compañías máis importantes), o lecer e os electrodomésticos nun só espazo, sempre co compromiso de prezo mínimo, garantía de funcionamento e a posibilidade de devolución dos cartos en caso de non quedar satisfeito co artigo adquirido.
Cuestionados sobre o peso que teñen as distintas liñas de produto no novo establecemento, o xerente do centro, Álvaro Jiménez, asegurou que a informática e a imaxe e son supón o 40% do seu negocio, ao que o director xeral de Media Markt, Xavier Rofes, engadiu que se sumamos todas as liñas do lecer electrónico chegan ao 70% do seu catálogo de produtos, dando a entender que o crecemento do sector e moi elevado, especialmente coa chegada de novas tecnoloxías aos televisores (destacando as pantallas LED como unha opción a ter cada día máis en conta), os reprodutores multimedia portátiles (en constante renovación), a converxencia nos teléfonos móbiles de distintas tecnoloxías… en definitiva, a comercialización de produtos en constante evolución e con grande dinamismo, que fai de Media Markt un negocio rendible baixo a premisa duns prezos agresivos.

JPEG - 144.8 KB
O director rexional de Media Markt, Xavier Rofes, destacou o peso dos videoxogos coma elemento para chegar a un público mozo, asegurando que nas prazas onde teñen presenza son líderes na venda deste tipo de produtos (tanto hardware coma software)


JPEG - 116.5 KB
Os principais operadores de telefonía móbil terán un espazo no Media Markt coruñés


JPEG - 172.9 KB
No establecemento non faltaban os receptores para a TDT Premium


JPEG - 116.2 KB
Jiménez facendo unha demostración dos produtos de car audio



Catálogo de ofertas de lanzamento do novo Media Markt

PUBLICIDADE