MediaMarkt amplía a súa colaboración con Digi

xoves, 3 de agosto do 2023 Marcus Fernández

O operador de telecomunicacións de maior crecemento en España, Digi, está a reforzar a súa presenza comercial, para o que pecharon un acordo con MediaMarkt, de xeito que a cadea de tendas de electrónica de consumo que xa contan con expositores da marca Digi, pasa a ofrecer tamén a contratación do operador a través da web.
Actualmente Digi conta con máis de 4 mil puntos de venda, estando presente na meirande parte dos centros comerciais, e gozando de grande presenza en Galicia, especialmente nas cidades, pois xa conta con presenza na Coruña, Ferrol, Vigo e Pontevedra (e ultima a súa chegada a Narón e Culleredo), estando tamén moi visible a través de patrocinios como o do Deportivo da Coruña.

PUBLICIDADE