MediaMarkt chega a Compostela cun Día sen IVE

mércores, 20 de setembro do 2017 Marcus Fernández

Alfonso Chenlo, xerente de MediaMarkt Santiago, presentou esta mañá o establecemento aos medios de comunicación

A expansión da cadea de tendas MediaMarkt ao longo da xeografía galega non para, e mañá inaugurará no nº 2 da Rúa Malta de Santiago de Compostela o seu establecemento número 83 en España e 5º en Galicia (a marca xa tiña presenza en A Coruña, Vigo, Lugo e Ferrol), que nos seus preto de 2.400 metros cadrados alberga unha rica selección de produtos de electrónica de consumo atendendo así boa parte da demanda do interior de Galicia e, para convidar ao público a achegarse á súa primeira xornada de portas abertas, celebran un dos seus Días sen IVE cun horario especial de 8:00 a 23:00 horas (cando o horario habitual do centro é de 10:00 a 22:00 horas).

Día sen IVE

Os consumidores que se achegue durante a xornada do xoves ao novo MediaMarkt de Santiago de Compostela poderán gozar dun desconto nos produtos equivalente a eliminar o IVE nos prezo (ou sexa, un 17,36% de desconto) que aplicarase incluso a produtos de Apple (que noutras ocasións quedan fóra de promoción) polo que o efecto de reclamo é máis que salientable.

Tenda moderna

MediaMarkt Santiago ten unha imaxe moderna e actual, e combina a oferta de produtos con numerosos servizos que fan que a tenda xere un valor que anime aos consumidores a continuar a recorrer a establecementos físicos, empregando a canle dixital como un interesante complemento, xa que os clientes poden realizar os seus pedidos para recollelos en só 2 horas en tenda ou incluso no exterior da mesma dende o seu vehículo (o centro conta con 4 prazas de aparcadoiro Stop&Go para a recollida rápida de pedidos) sen ter que pagar gastos de envío, aínda que nas proximidades de Compostela tamén será posible gozar dun servizo de entrega a domicilio tamén en 2 horas, o que supón unha grande vantaxe para os consumidores que non poden achegarse até a tenda física.
O espazo comercial conta cun completo inventario de produtos entre os que destacan liñas emerxentes como o da robótica educativa, a impresión 3D ou a realidade virtual, de xeito que os interesados nestas tecnoloxías poden velas in situ. A tenda tamén fai unha grande aposta polo sector do gaming, que cada vez esixe mellores equipos que ofrezan as tecnoloxías máis punteiras, e para non quedar atrás en prezos, e centrarse na atención ao cliente en vez de na renovación de etiquetas físicas, o centro conta coas novas etiquetas dixitais Smart Price, que amosan sempre prezos actualizados dos produtos en exposición. Tamén é de agradecer que o establecemento non esqueza a nosa lingua nos seus grafismos.

Servizos que engaden valor

A tenda tamén conta con servizo técnico especializado, que procura dar solución rápida aos problemas dos clientes, é posible contratar un servizo de técnico a domicilio para calquera tipo de instalación; e incluso o servizo postvenda inclúe obradoiros para que os clientes poidan tirar un maior partido aos seus dispositivos electrónicos.
Outros servizos de interese que ofrece o novo establecemento é a personalización de produtos grazas a unha impresora de última xeración que pode funcionar sobre a meirande parte de superficies (de xeito que poden personalizarse móbiles, discos duros portátiles, consolas de videoxogos ou metacrilatos); a instalación de protectores de pantalla para o móbil (destacando especialmente a presenza do sistema InvisibleShield On Demand de ZAGG, que permite protexer a superficie da meirande parte dos smartphones do mercado en poucos minutos); e incluso un servizo de asesoramento a empresas, xa que a tenda ten un espazo específico para tal fin, MediaMarkt Business.

MediaMarkt Santiago conta cun servizo de instalación de protectores para smartphones
A tenda aposta firmemente polo gaming
As etiquetas Smart Price facilitan que os prezos do establecemento estean sempre actualizados
As últimas consolas de videoxogos están presentes na tenda, destacándose o servizo de personalización das mesmas
O novo establecemento non esquece a lingua galega á hora de comunicar cos clientes

PUBLICIDADE