Medieval Moves permitiranos defender un castelo a espadazos virtuais
xoves, 10 de novembro do 2011
A
PlayStation 3 vai recibir o vindeiro 17 de novembro o xogo de Zindagi Games Medieval
Moves, deseñado para xogarse co control de movemento PlayStation Move e
que permite ao xogador meterse na pel do prÃncipe Deadmund para liberar o seu
castelo das garras do bruxo Morgrimm e o seu exército de mortos viventes, para
o que haberá que dominar os movementos de combate e utilizar o mando PS Move
coma se fose unha espada, un arco ou uns shurikens.
- En Medieval Moves haberá que enfrontarse a un exército de mortos vivintes
Medieval Moves tamén é compatible con
televisores 3D, dando maior realismo ás aventuras do prÃncipe Deadmund e,
aparte do seu modo historia, tamén contará cun modo multi xogador en liña, no
que poderemos enfrontarnos ata a 3 amigos.
O xogo sairá á venda por 29,99 euros, aÃnda que tamén poderá adquirirse xunto
cun mando PS Move e unha cámara PlayStation Eye por 74,99 euros. Tamén está
dispoñible unha versión de demostración do xogo na PlayStation Network, para
poder experimentar coa súa mecánica antes de decidir a súa compra.
- O xogo poderá mercarse solto ou con PlayStation Move
- O mando de PS Move poderá usarse como espada ou arco (e mesmo para lanzar estrelas ninja)