Medio centenar de empresas interésanse pola IA nun obradoiro da CEL en Monforte
martes, 25 de marzo do 2025
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) desprazouse a semana pasada a Monforte de Lemos os seus servizos Conecta Lugo para ofrecer ao tecido empresarial local un obradoiro de traballo sobre Novas tecnoloxÃas de Intelixencia Artificial para o sector vitivinÃcola.
Máis de medio centenar de empresas da Ribeira Sacra, especialmente adegas, congregáronse no Parador de Monforte para escoitar a destacados expertos de referencia nos últimos avances en tecnoloxÃas aplicada ao cultivo da vide e á produción de viño. A xornada de traballo, de carácter práctico, foi inaugurada por Gloria Prada, tenente alcalde de Monforte, e tamén contemplou unha intervención informativa sobre axudas públicas ás empresas galegas, da man de Patricia López Quintiá, subdirectora de innovación do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).
O obradoiro abriu coa conferencia maxistral, Detección temperá de enfermidades do viñedo mediante Intelixencia Artificial e visión por computador, impartida por Rubén Iñiguez Mangado, graduado en EnoloxÃa pola Universidade de La Rioja, mestrado en TecnoloxÃa, Xestión e Innovación VitivinÃcola, que actualmente desenvolve a súa tese doutoral no programa de EnoloxÃa, Viticultura e Sustentabilidade, dentro da rama de Viticultura de Precisión.
A investigación de Rubén Iñiguez, que substituÃu ao catedrático Javier Tardáguila co que colabora, céntrase na aplicación da IA para a estimación da produción de uva mediante o uso de sensores non invasivos, co obxectivo de achegar solucións innovadoras que melloren a eficiencia e sustentabilidade do viñedo. Iñiguez tamén se referiu a outros proxectos relacionados coa dixitalización e a aplicación de novas tecnoloxÃas no sector vitivinÃcola, nos que traballa a través do Grupo de Investigación Televitis da Universidad de La Rioja.
Asemade, o obradoiro incluÃu tamén unha intervención sobre Oportunidades de aplicación da dixitalización e automatización na viticultura e adegas de Galicia, de Miguel Tubio, director técnico do Grupo MartÃn Códax; e outra sobre Intelixencia Artificial ao servizo das D.O. de Pablo Franco, director da DO Calificada Rioja.
Aos tres relatores principais sumouse Alfonso Losada, experto en viticultura e enoloxÃa, nunha mesa redonda final moderada por Hugo Criado, director executivo (CEO) de Medrar Innovation Office, sobre Oportunidades da IA para o sector vitivinÃcola.