Medio cento de estudantes do CPIP Cernadas de Castro (Lousame) participa nun obradoiro de violencia de xénero dixital

martes, 12 de decembro do 2023 S. P.

Un total de 49 nenos e nenas de 1º e 2º da ESO do CPIP Cernadas de Castro de Lousame participaron este martes 12 de decembro no obradoiro Violencia de xénero no novo contexto dixital. O obradoiro estivo centrado no coñecemento e prevención das novas formas de violencia que xorden no contexto dixital: ciberviolencia de xénero, grooming, sexting... “O obxectivo é que a rapazada aprenda a coidarse cando emprega as novas tecnoloxías e as redes sociais”, apuntaba Silvia Agrafojo, concelleira de Ensino.
O Concello de Lousame foi seleccionado para desenvolver este obradoiro no marco do acordo de colaboración asinado entre a Secretaría Xeral da Igualdade e a FEGAMP para a conformación dunha rede de entidades locais contra a violencia de xénero.

PUBLICIDADE