Medio cento de rapazas e rapaces participan nas tres quendas do Campamento Dixital da Laracha
martes, 22 de xullo do 2025
Entre as novidades de lecer estival do Concello da Laracha para a presente tempada figurou un Campamento Dixital da Fundación Cibervoluntarios dirixido a rapaces de 9 a 17 anos. Esta proposta foi, segundo relataron fontes do Concello, un éxito destacado de participación, xa que ante o alto volume de inscricións o equipo de Goberno local e a fundación tiveron que establecer tres quendas semanais por grupos de idade e en horario de mañá, todas elas no Edificio de Servizos Múltiples da Laracha.
A semana pasada realizouse a primeira quenda, onte rematou a segunda e o dÃa 28 deste mes comezará a terceira. En total realizarán o campamento 50 rapaces.
A rapazada participante aprende neste campamento a buscar información valiosa en Internet, hábitos saudables como reforzar o pensamento crÃtico para identificar noticias falsas, as profesións emerxentes e, os de maior idade, competencias dixitais para a busca de emprego, entre outros contidos.
Durante os cinco dÃas de duración do campamento van completando etapas e misións para conseguir logros. Deste xeito, en cada aventura adquiren novas competencias para utilizar Internet e as ferramentas dixitais de forma útil, creativa, segura e responsable.
Ao finalizar, os participantes reciben o certificado DigComp que acredita os coñecementos adquiridos na utilización das tecnoloxÃas da información e as comunicacións dentro do marco europeo.
Esta actividade é unha iniciativa impulsada pola Fundación Cibervoluntarios dentro do programa de Competencias Digitales para la Infancia (CODI) posto en marcha polo Ministerio de Juventud e Infancia e o Alto Comisionado contra a Pobreza Infantil, financiado por Fondos Next Generation da Unión Europea.
