Medran os materiais didácticos en aberto dispoñibles en cREAgal
venres, 12 de setembro do 2025
A Xunta vén de lanzar novos materiais e recursos educativos en aberto, dispoñibles para alumnado e profesorado, que este curso se amplÃan a través da plataforma cREAgal. Trátase dunha iniciativa pioneira no ámbito estatal que reforza o modelo galego de ensino hÃbrido, xa que os contidos dixitais complétanse con documentación en formato papel e cunha guÃa docente de apoio.
Na presentación, o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román RodrÃguez, salientou que o valor destes materiais reside en que son «elaborados por docentes para docentes», o que garante «a súa adecuación ao contexto real das aulas e a súa utilidade práctica no dÃa a dÃa». Engadiu, ademais, que se trata dun proxecto único en España, pois ningunha outra comunidade autónoma dispón de recursos propios con enfoque curricular para todos os cursos.
Entre as súas fortalezas destaca que son gratuÃtos, de licenza aberta, polo que se poden reutilizar, modificar e adaptar a cada aula, alumno ou centro, converténdose asà en universais e personalizables. O proxecto tamén pon o acento na inclusión, asegurando que todos os materiais sexan accesibles e adaptables á atención á diversidade.
Cando estea plenamente despregado, cREAgal contará con preto de 300 recursos distintos, elaborados por máis de 200 docentes, que cobren todas as áreas de coñecemento e se adaptan a cada etapa educativa.
Como novidade este curso, incorpóranse contidos en materias como Lingua Galega e Literatura, Plástica, Educación FÃsica, Ciencias Sociais ou Música. Por exemplo, en XeografÃa e Historia de 2º da ESO hai un recurso sobre a Alta Idade Media na penÃnsula Ibérica, e en TecnoloxÃa e Dixitalización de 1º da ESO inclúese unha unidade sobre o uso seguro e inclusivo das tecnoloxÃas da información e a comunicación.
No primeiro caso, o material sobre os reinos altomedievais propón un reto de investigación arredor do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Miño, no corazón da Ribeira Sacra, a través do cal o alumnado aprenderá a interpretar liñas de tempo, a comprender a estrutura social da Idade Media, o papel da muller e a herdanza cultural e artÃstica destas sociedades.
No caso de TecnoloxÃa e Dixitalización, elaborado polo CPI de Zas, faise fincapé no bo uso das novas tecnoloxÃas con especial atención a dous colectivos vulnerables: o alumnado de Primaria e as persoas maiores da contorna. A unidade didáctica permite aprender a protexer equipos, datos e persoas, asà como a respectar a etiqueta dixital e os dereitos de autorÃa.
Este proxecto botou a andar no curso 2022-2023 co deseño dos primeiros recursos piloto, e desde o curso 2023-2024 foron incorporándose materiais para 5º de Primaria e 1º e 2º da ESO. Agora, no curso 2025-2026, amplÃase con novos contidos para 4º e 5º da ESO, ao tempo que se consolidan os xa engadidos no curso anterior.
