Mega Man 10 volverá a través de WiiWare

xoves, 10 de decembro do 2009 Marcus Fernández

Mega Man 10 presentará uns gráficos propios dos xogos de 8 bits

A revista Nintendo Power confirmou nas páxinas do seu último número que a plataforma de venda de xogos descargables para Wii (WiiWare) recibirá unha adaptación do clásico Mega Man 10, que conservará a esencia do xogo orixinal para NES e contará con 3 personaxes xogables, confirmando polo momento 2: Mega Man e o seu irmán Proto Man. Entre os inimigos, polo momento está confirmada a aparición de Sheep Man, unha especie de ovella robótica capaz de transformarse en 4 nubes que lanzarán lóstregos ao xogador.
O xogo contará entre as súas características a posibilidade de xogar nun modo doado, o que agradecerán os que non estean afeitos á dificultade dos clásicos arcade, e prefiran un xogo máis ocasional.

As páxinas da Nintendo Power nas que podemos ver o novo Mega Man 10

PUBLICIDADE