Mellorada a plataforma Coruña eFilm cunha aplicación para móbil e TV e novas seccións
martes, 11 de xullo do 2023
A
plataforma Coruña eFilm, unha ferramenta en liña que permite ás
persoas usuarias da rede de bibliotecas municipais acceder e
visualizar un catálogo con máis de 10.000 títulos audiovisuais,
entre películas, documentais, series e revistas, renovarase
nos vindeiros meses con novo contido e funcións, segundo
confirmou o Concello.
Entre
as novidades destaca unha nova aplicación para teléfonos móbiles e
televisións, que estará dispoñíbel a partir de setembro e suporá
“unha mellora da experiencia actual”, explicasron fontes do
Consistorio coruñés, engadindo que a aplicación estará operativa
en dispositivos iOS e Android e en televisións Smart TV das marcas
Samsung, LG, Google TV ou Android TV.
Outra
das grandes novidades será a inclusión na plataforma dunha sección
de manga para lectura en liña. O catálogo contará coa colección
das principais editoriais do sector e as persoas usuarias poderán
ler algunhas das grandes sagas do manga xaponés. Ademais,
engadiranse tamén case 50 millóns de arquivos sonoros ou episodios
de podcast, creándose listaxes específicas con cada unha das
temáticas dispoñíbeis.
Sen
deixarmos o capítulo de novidades, o Concello tamén pon o foco
nunha ampliación da canle de concertos, con máis de 1.300 horas de
actuacións de diferentes xéneros e o aumento da sección de
revistas, con máis de 10.000 publicacións en 43 idiomas.
Esta
plataforma de streaming promovida polo Concello é de balde e
segundo o Goberno local “supuxo unha revolución no préstamo de
contido audiovisual nas bibliotecas, cun catálogo amplo e variado
que achega unha gran escolma de obras galegas e en galego”.