Memoria externa que pode intercambiar ficheiros con dispositivos de Apple

xoves, 16 de xuño do 2011 Marcus Fernández

Copiar documentos, música, fotografías e películas de ou a un dispositivos con iOS sen conectalo directamente a un ordenador non é unha tarefa doada, e por iso en xullo comezará a venderse o PhotoFast i-FlashDrive, unha unidade de memoria con capacidades de 8, 16 e 32 Gb que terá prezos de 2.850, 3.450 e 5.550 dólares de Taiwán (69,74, 84,42 e 135,8 euros) e que, a través dunha aplicación que pode descargarse da App Store (actualmente é de pagamento, pero será de balde cando o seu accesorio chegue ao mercado) permitirá a copia e administración de ficheiros no iPad, iPhone 3g/3GS/4 e iPod Touch de 4ª/3ª xeración. Deste xeito, sería posible transferir arquivos, por exemplo, dun iPhone 4 a un iPad, aínda que este dispositivo non só ten un conector para dispositivos de Apple, senón que tamén conta con USB para poder operar como unha unidade de memoria convencional nun PC ou Mac.
O PhotoFast i-FlashDrive mide 50 x 20 x 92 milímetros, pesa 58 gramos e a súa aplicación precisa para funcionar o sistema operativo iOS 4.2 (mentres que en equipos informáticos funcionará como unha unidades USB 2.0 estándar). Cómpre destacar que esta unidade de memoria tamén pode empregarse para facer copias de seguridade dos contactos almacenados nos dispositivos de Apple, o que agradecerán os que non fagan o propio a través de iTunes.

O dispositivo compórtase como unha memoria USB estándar cando o conectamos a un ordenador
O PhotoFast i-FlashDrive venderase en capacidades de ata 32 Gb

PUBLICIDADE