Memtec presenta o teclado para nenas e nenos, Funkids
xoves, 4 de setembro do 2008Memtec, a compañía nacional de importación de
produtos informáticos e de electrónica de consumo para o mercado español, vén
de presentar o Bluestork FunKids, un teclado de ordenador especialmente
deseñado para os nenos e nenas de entre 3 e 8 anos (o cal non quere dicir que
non lle guste tamén aos de trinta e tantos) que dan os seus primeiros pasos
fronte ao ordenador.
Está fabricado
con materiais resistentes e conta con teclas máis grandes e cores rechamantes,
que facilitan a aprendizaxe do alfabeto e dos números por parte dos usuarios
máis cativos da casa.
Segundo vén de
anunciar a compañía responsable, en España, un 74,4 por cento dos menores
emprega decote o ordenador, porén “os
usuarios infantís raramente dispoñen de periféricos e accesorios adaptados ás
súas necesidades e debidamente homologados”.
Xa que logo, este
teclado está pensado para acompañar aos máis cativos da casa na súa introdución
ao mundo da informática e as novas tecnoloxías do xeito máis doado e atractivo
posible, cos niveis de resistencia e seguridade que esixe tal fazaña.
A ferramenta
contén un total de 63 teclas grandes de ata 5 cores distintas que as clasifican
segundo sexan consonantes, números, puntuación, vocais... e vai conectada ao
ordenador a través dun porto USB que non require instalación.
É compatible con
PC e Mac e ten o certificado europeo de non perigosidade EN71.
O seu prezo é de
19,90 euros e, entre outros establecementos, estará dispoñible nas tendas Fnac
de todo o territorio español.