Meraki Mini: un repetidor Wi-Fi para mellorar a cobertura das redes sen fÃos
martes, 15 de maio do 2007
A cobertura das redes sen fÃos son habitualmente un grande problema e asÃ, á hora de establecer conexións entre distintos domicilios normalmente atopamos atrancos, posto que aÃnda que sexa doado comunicar as partes exteriores dos edificios, ó entrar no interior dos mesmos a calidade de conexión redúcese drasticamente. Para evitar estes problemas Meraki vende por 49 dólares (uns 36,2 euros) un seu Mini, que é un repetidor Wi-Fi que permite espallar as conexións nun radio de entre 30 e 250 metros, polo que se trata nunha solución ideal para poder acceder dende calquera parte dun fogar a unha rede Wi-Fi aberta nun barrio ou mesmo para permitir que a rede Wi-Fi doméstica poida contar cunha cobertura maior, de xeito que se eliminarÃan zonas de sombra (algo especialmente útil en casas con varios andares) e se poderÃa acceder á Rede dende lugares afastados ó punto de instalación do router.