Meta AI estrea aplicación móbil de seu
martes, 29 de abril do 2025
Meta vén de presentar a súa nova aplicación móbil de intelixencia artificial, Meta AI, construÃda sobre a tecnoloxÃa do modelo Llama 4, conseguindo asà que a intelixencia artificial de Meta teña unha entidade de seu. A nova ferramenta xa está dispoñible para iOS e Android, e representa unha extensión da IA que millóns de persoas usan diariamente a través de WhatsApp, Instagram, Facebook e Messenger. A diferenza destas integracións, a aplicación móbil ofrece unha experiencia centrada exclusivamente na conversa por voz cun asistente personalizado.
Un dos principais atractivos da aplicación móbil é a súa capacidade para manter conversacións naturais e relevantes grazas á potencia do modelo Llama 4. Segundo Meta, o asistente aprende dos hábitos e preferencias do usuario para ofrecer respostas máis útiles e adaptadas ao contexto. Ademais, permite realizar accións como xerar e editar imaxes simplemente falando ou escribindo.
A aplicación tamén incorpora unha demostración dunha nova tecnoloxÃa de voz en full dúplex, que permite que o asistente fale de xeito continuo e natural, sen ler respostas escritas. Esta funcionalidade, que aÃnda está en fase de probas, está dispoñible unicamente nos Estados Unidos, Canadá, Australia e Nova Zelandia.
Meta AI conta cun feed de descubrimento, un espazo no que os usuarios poden explorar e compartir como utilizan a intelixencia artificial, asà como descubrir os comandos máis populares e adaptalos ás súas necesidades.
A aplicación móbil está deseñada para integrarse con outros dispositivos de Meta, como as Ray-Ban Meta (de feito, pode considerarse un rebranding da aplicación que se empregaba para conectar as lentes ao móbil). Esta integración facilitará a transición entre dispositivos e a continuidade nas interaccións coa IA.
Meta destaca que a personalización é unha das chaves da nova aplicación móbil. Os usuarios poden indicar ao asistente que lembre determinados gustos ou intereses, como a paixón por viaxar ou aprender idiomas, e Meta AI poderá empregar información compartida nas contas de Facebook e Instagram (sempre que estean conectadas ao Centro de contas) para ofrecer respostas máis axustadas ao perfil de cada persoa.