Meta AI permite editar vÃdeo
mércores, 11 de xuño do 2025
Meta inicia hoxe a despregadura dunha nova funcionalidade de edición de vÃdeo baseada en intelixencia artificial nas plataformas Meta AI, Meta.AI e na aplicación Edits, co obxectivo de facer máis accesible e creativa a edición audiovisual. Esta ferramenta permite modificar vÃdeos curtos mediante máis de 50 indicacións predeterminadas que transforman aspectos como a indumentaria, o estilo visual ou a localización da escena.
A tecnoloxÃa detrás desta función está inspirada nos modelos Movie Gen desenvolvidos por Meta, e representa un primeiro paso cara á edición avanzada mediante indicacións escritas, que estará dispoñible antes de final de ano. AsÃ, os usuarios poderán introducir as súas propias descricións para editar os vÃdeos segundo o seu criterio.
A ferramenta destaca pola súa sinxeleza: permite cargar un vÃdeo e aplicar unha transformación visual de ata dez segundos de duración de xeito gratuÃto e temporal. Exemplos das edicións posibles inclúen converter o vÃdeo nunha banda deseñada de estilo retro, engadir efectos brillantes e atmosferas de fantasÃa, ou transformar a escena nun videoxogo cunha estética fluorescente.
Meta afirma que esta funcionalidade está deseñada para que calquera poida experimentar e crear contidos visuais atractivos sen necesidade de ter experiencia en edición, e anticipa un cambio na forma de producir contido para creadores dentro do seu ecosistema.
