Meta AI supera os mil millóns de usuarios mensuais
xoves, 29 de maio do 2025
- A nova aplicación de Meta AI
O asistente de intelixencia artificial de Meta alcanzou os mil millóns de usuarios activos mensuais, segundo anunciou o director executivo da compañÃa, Mark Zuckerberg, durante a xunta anual de accionistas celebrada este mércores. A cifra abrangue o conxunto de aplicacións do grupo (Facebook, Instagram e WhatsApp) e chega pouco despois do lanzamento en abril da aplicación independente de Meta AI.
Zuckerberg sinalou que o obxectivo para este ano é «profundar na experiencia» e converter Meta AI no principal asistente persoal do mercado, con especial atención á personalización, ás conversas por voz e ao lecer. O plan da empresa é seguir expandindo o produto antes de artellar un modelo de negocio arredor del, aÃnda que o directivo xa avanzou que no futuro poderÃan explorarse opcións como recomendacións de pagamento ou un servizo por subscrición que permita acceder a máis capacidade de cómputo.
Durante a súa intervención, Zuckerberg recoñeceu que, malia a magnitude da cifra, «pode parecer curioso que mil millóns de usuarios activos mensuais non nos parezan suficientes para falar de escala, pero ese é o punto no que estamos agora».