Meta Quest 2 reduce o seu prezo até os 249,99 euros
xoves, 18 de abril do 2024
O lanzamento do visor Meta Quest 3, que avanzaba especialmente na realidade estendida ao incorporar cámaras exteriores a cor, provocou que o visor Meta Quest 2 perdese atractivo, por limitarse á realidade virtual por mor das súas limitacións, pero dado que a VR segue a ser a principal función deste tipo de dispositivos e as Quest 2 contan cun parque de dispositivos moi grande, continúa a recibir o apoio de Meta, que busca empregar este trebello como reclamo.
Deste xeito, non só se limitaron a manter no mercado o visor Meta Quest 2, senón que incluso reduciron o seu prezo, e agora repiten a xogada e volven axustalo, de xeito que podemos facernos cun visor Meta Quest 2 por 249,99 euros, reducindo considerablemente a porta de entrada ás experiencias de realidade virtual autónoma (pois o visor non precisa de ordenador para funcionar, aÃnda que se temos un ordenador potente tamén pode empregarse para gozar das experiencias de VR de PC).
Esta rebaixa non se limita ao visor, senón que tamén reducen o prezo da súa correa Elite (que agora pasa a custar 29,99 euros), a correa Elite con baterÃa (49,99 euros) ou incluso o estoxo de transporte (que queda en só 24,99 euros).
Falamos realmente duns prezos moi axustados para o que pode considerarse como un visor de realidade virtual, unha consola de videoxogos, un reprodutor de contidos audiovisuais envolventes e, en definitiva, un cebo para picar na proposta de Metaverso que persegue a compañÃa de Mark Zuckerberg a moi longo prazo.