Meta Quest 3 convértese no visor de VR máis empregado en Steam
mércores, 15 de outubro do 2025
Hai un par de anos Meta lanzou o visor de realidade virtual Meta Quest 3, co difÃcil obxectivo de superar ao visor Meta Quest 2, que se converteu rapidamente en lÃder do sector polas súas grandes posibilidades a un prezo moi axustado.
AÃnda que o volume de visores Meta Quest 2 en activo segue a ser moi elevado, os datos estatÃsticos da plataforma de videoxogos Steam veñen de marcar o momento da remuda, pois Meta Quest 3 consegue liderar o uso de visores de realidade cun 26,68 % de cota de mercado, mentres que Meta Quest 2 queda co 26,17 %, bastante por diante do Valve Index HMD (13,47 %), o Meta Quest 3S (7,87 %) e o clásico visor Oculus Rift S (4,79 %).
Curiosamente na listaxe conseguiu coarse o visor Sony PS VR2 cun 1,63 %, polo que o aproveitamento deste accesorio de consola en PC, pese a ser anecdótico, é representativo do desastroso resultado da realidade virtual en consolas de videoxogos tradicionais.
Cómpre lembrar que tanto Meta Quest 2 como Meta Quest 3S son dispositivos relativamente económicos, e o feito de que Meta Quest 3 consiga superalos en uso en xogos para PC indicarÃa que os xogadores máis intensivos están dispostos a realizar un maior investimento económico para gozar dunha mellor experiencia visual (pois na práctica funcionan cos mesmos xogos).

- Táboa coa relación de visores VR en Steam
