Meta decide compartir a súa tecnoloxÃa de realidade estendida con terceiros
luns, 22 de abril do 2024
Actualmente o mercado da realidade virtual e a realidade estendida está claramente liderado por Meta, e agora que Apple aspira a facerse un oco no mercado co que chaman computación espacial, a compañÃa de Mark Zuckerberg decidiu mover ficha optando por unha maior apertura, para ser o equivalente a Android nesta categorÃa de produtos.
O primeiro anuncio realizado hoxe consiste en pór nome ao sistema operativo co que funcionan os visores Meta Quest, que pasa a chamarse Meta Horizon OS, coa aspiración de converterse na base dunha nova xeración de produtos e servizos que tanto perseguen a achega de experiencias de realidade mixta como queren aproveitar o potencial social desta tecnoloxÃa.
Como consecuencia desta nova marca a tenda de aplicacións tamén pasará a chamarse Meta Horizon Store. A nivel de software tamén estreitarán a barreira entre a Meta Horizon Store e o App Lab (tenda de aplicacións moito máis aberta, que pasará a integrarse na tenda oficial como unha categorÃa especial, facilitando asà a distribución de aplicacións independentes a unha maior audiencia).
Tamén está previsto que lancen un framework para aplicacións espaciais, facilitando que os creadores de aplicacións móbiles poidan adaptalas a experiencias de realidade mixta.
Apertura a hardware de terceiros
- Imaxe conceptual da realidade estendida aplicada ao xogo en streaming
A nivel de hardware, Meta tamén abre a porta a terceiros, que poderán desenvolver dispositivos que funcionen con Meta Horizon OS, e xa adiantan que varios fabricantes estarÃan comprometidos con esta iniciativa, de xeito que Asus, coa súa liña de produtos Republic of Gamers, desenvolverá solucións de alto rendemento para xogar; Lenovo pretende aplicar esta tecnoloxÃa a dispositivos de realidade mixta para a produtividade, a aprendizaxe e o lecer; e incluso estreitan lazos con Xbox, que dende hai meses ofrece a posibilidade de gozar do seu xogo na nube nunha pantalla virtual xigante valéndose de visores Meta Quest, de xeito que comercializará unha edición limitada de Meta Quest inspirada en Xbox.