Meta e nVIDIA pechan un acordo a longo prazo en infraestrutura de IA
martes, 17 de febreiro do 2026
Meta e o fabricante nVIDIA anunciaron un acordo estratéxico plurianual e multixeracional para acelerar o desenvolvemento da infraestrutura de intelixencia artificial da matriz de Facebook, Instagram e WhatsApp. O pacto abrangue desde centros de datos propios ata despregaduras en contornos na nube, co obxectivo de optimizar tanto o adestramento como a inferencia de modelos avanzados.
A colaboración permitirá a implantación a grande escala de tecnoloxÃa de nVIDIA, incluÃndo CPU e millóns de GPU das xeracións Blackwell e Rubin, asà como a integración da plataforma de rede Spectrum-X Ethernet dentro do sistema Facebook Open Switching System. Meta prevé construÃr centros de datos hiperescalables deseñados especificamente para cargas de traballo de IA, aliñados coa súa folla de ruta a longo prazo.
O fundador e conselleiro delegado de nVIDIA, Jensen Huang, destacou que «ninguén desprega IA á escala de Meta (integrando investigación de vangarda con infraestrutura industrial para alimentar os maiores sistemas de personalización e recomendación do mundo para miles de millóns de usuarios)». Segundo explicou, a cooperación inclúe un profundo codesenvolvemento en CPU, GPU, redes e software para levar a plataforma completa de nVIDIA aos equipos de investigación e enxeñarÃa de Meta.
Pola súa parte, o fundador e máximo responsable de Meta, Mark Zuckerberg, sinalou que «estamos entusiasmados por ampliar a nosa colaboración con nVIDIA para construÃr clústeres de última xeración utilizando a súa plataforma Vera Rubin co fin de ofrecer superintelixencia persoal a todas as persoas do mundo».
Un dos piares do acordo é a ampliación da despregadura de CPU baseadas en arquitectura ARM, como as nVIDIA Grace, orientadas a mellorar de maneira substancial o rendemento por watt nos centros de datos da compañÃa. Trátase da primeira implantación a grande escala baseada exclusivamente en Grace, apoiada por investimentos conxuntos en optimización de bibliotecas e software. As dúas empresas tamén traballan no futuro despregue das CPU nVIDIA Vera, cunha posible implantación masiva a partir de 2027.
No ámbito das redes, Meta adoptou a plataforma Spectrum-X Ethernet ao longo da súa infraestrutura global para garantir conexións de baixa latencia, rendemento previsible e maior eficiencia operativa e enerxética en contornos de IA a escala.
Ademais, a compañÃa integrou a tecnoloxÃa NVIDIA Confidential Computing no procesamento privado de WhatsApp, permitindo incorporar capacidades baseadas en IA á aplicación de mensaxerÃa sen comprometer a confidencialidade e integridade dos datos dos usuarios. Ambas compañÃas estudan estender estas capacidades a outros servizos do ecosistema de Meta.
O acordo inclúe tamén un traballo conxunto de codesenvolvemento para optimizar modelos de IA de última xeración sobre as cargas de traballo reais da empresa, combinando a plataforma integral de nVIDIA coas necesidades produtivas de Meta. O obxectivo é mellorar o rendemento e a eficiencia das novas funcionalidades baseadas en IA empregadas por miles de millóns de usuarios en todo o mundo.
