Meta non permitirá a publicidade polÃtica na Unión Europea
luns, 28 de xullo do 2025
Meta anunciou que, a partir de outubro de 2025, deixará de permitir anuncios relacionados con polÃtica, eleccións e cuestións sociais nas súas plataformas dentro da Unión Europea. A decisión, que a compañÃa cualifica como difÃcil, está motivada pola nova regulación da Unión Europea sobre a Transparencia e a Segmentación da Publicidade PolÃtica (TTPA), que segundo a empresa introduce «desafÃos operativos significativos e incertezas legais».
Meta defende a publicidade polÃtica en liña como unha ferramenta vital para conectar á cidadanÃa coa información e facilitar que os candidatos poidan chegar ao seu electorado de forma rendible, e asegura levar desde 2018 aplicando medidas que van máis alá do esixido pola lexislación para garantir a transparencia, como a identificación dos anunciantes, a inclusión de cláusulas de responsabilidade nos anuncios e a publicación de todos eles nun arquivo público accesible.
Porén, Meta considera que os novos requisitos da TTPA impoñen restricións excesivas, como as limitacións á segmentación de audiencias. A compañÃa asegura que finalmente se viu forzada a escoller entre ofrecer un produto «ineficaz e sen garantÃas de cumprimento legal» ou retirar por completo este tipo de publicidade do mercado europeo.
A medida limitarase ao ámbito da Unión Europea e non afectará ao resto do mundo, onde Meta continuará ofrecendo as súas ferramentas de publicidade polÃtica. En todo caso, a compañÃa sinala que os polÃticos e candidatos na UE poderán seguir publicando contido polÃtico de forma orgánica, aÃnda que xa non poderán promocionalo mediante anuncios de pagamento.
A compañÃa de Mark Zuckerberg nas súas declaracións só amosa a parte positiva da publicidade de carácter polÃtico e electoral, obviando o feito de que houbo varios comicios electorais nos que se confirmaron claros casos de manipulación por parte de axentes externos, polo que semella xustificadas as medidas proteccionistas que entrarán en vigor en breve.
