Meta pagará 91 millóns de euros por descoidar a súa seguridade
venres, 27 de setembro do 2024
A autoridade irlandesa de protección de datos (DPC) vén de anunciar a súa decisión final de impor a Meta unha sanción de 91 millóns de euros por mor dun proceso iniciado en abril de 2019 no que se denunciaba á compañÃa de Mark Zuckerberg de almacenar contrasinais de usuarios en texto plano dentro dos seus sistemas interno, o que supón un claro desleixamento e vulnerarÃa o Regulamento Xeral de Protección de Datos (GDPR) europeo.
Meta comunicara á DPC este incidente en marzo de 2019, aÃnda que en abril descubriron que o fallo na súa seguridade era peor do que detectaran e, pese a que non hai evidencias de que se abusase dos datos dos usuarios, é algo difÃcil de detectar, xa que máis de 20 mil traballadores de Facebook tiveron acceso aos contrasinais de entre 200 e 600 millóns de usuarios durante bastantes anos (o problema poderÃa ter comezado en 2012).
- Documento co que a DPC informa da sanción imposta a Meta