Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Meta presenta a nova xeración de lentes para investigación avanzada en percepción e IA contextual
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
TREBELLOS

Meta presenta a nova xeración de lentes para investigación avanzada en percepción e IA contextual

Redacción
Publicado: 04/06/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

481229731_619474964023305_5263554631332901648_n.jpgMeta deu a coñecer os detalles técnicos de Aria Gen 2, a evolución do seu prototipo de lentes intelixentes dirixidas á investigación e ao desenvolvemento dentro do proxecto Aria. Esta nova xeración foi deseñada para facilitar o traballo de investigadores en ámbitos como a visión artificial, a robótica e a intelixencia artificial contextual, ofrecendo melloras substanciais en confort, sensores, visión computacional e procesamento en tempo real.
Entre as innovacións máis destacadas está un deseño lixeiro e ergonómico que se adapta mellor a distintas morfoloxías faciais, dispoñible en oito tamaños diferentes e cun peso de entre 74 e 76 gramos. A nivel de sensores e cámaras, Aria Gen 2 integra catro cámaras de visión computacional (dúas máis ca na primeira versión), que permiten un campo de visión máis amplo e unha maior superposición estereoscópica (80° fronte aos 35° de Aria Gen 1), clave para xerar mapas de profundidade e reconstruír escenas en 3D con maior precisión.
503840852_1356809175421153_4577550651855465362_n.jpg O novo dispositivo tamén incorpora un sensor de luz ambiente calibrado con modo ultravioleta, un micrófono de contacto localizado no soporte nasal (que permite recoller voz mesmo en ambientes ruidosos) e un sensor PPG que pode estimar a frecuencia cardíaca do usuario.
Un dos avances máis significativos é a incorporación dun sistema de sincronización horaria por radio SubGHz, que garante unha aliñación temporal con precisión submilisegundo entre varios dispositivos, superando as limitacións do modelo anterior baseado en software.
En canto á percepción automática, Aria Gen 2 é capaz de executar algoritmos en tempo real grazas a un coprocesador personalizado e eficiente. Isto permite funcionalidades como a odometría visual-inercial (VIO), seguimento ocular avanzado (con detección de pestanexo, diámetro pupilar, punto de converxencia e outros parámetros) e seguimento detallado das mans en 3D, proporcionando datos valiosos para a creación de prototipos e conxuntos de datos para robótica e interacción humano-máquina.
Meta abrirá o prazo de solicitudes para traballar con Aria Gen 2 a finais deste ano, mentres continúa aceptando solicitudes para o Aria Research Kit con lentes Aria Gen 1.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

TREBELLOS

Samsung presenta o primeiro monitor gaming capaz de alcanzar os 1.100 Hz

23/11/2026
TREBELLOS

Primeiros auriculares abertos con deseño de clip de Xiaomi

17/11/2026
TREBELLOS

Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España

17/11/2026
TREBELLOS

Blackmagic Design presenta un micrófono para a captura de audio espacial

13/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?