Meta presenta a súa nova xeración de lentes
xoves, 18 de setembro do 2025
A pasada madrugada, Meta Connect 2025, a conferencia anual liderada por Mark Zuckerberg, serviu para presentar unha nova xeración de dispositivos que redefinen o papel das lentes como plataforma central da intelixencia artificial persoal.
O evento arrancou cunha afirmación contundente: «As lentes son o único dispositivo que pode ver o que ti ves, escoitar o que ti escoitas e interactuar contigo durante todo o dÃa». Esta premisa sustentou os tres grandes lanzamentos: Ray-Ban Meta (Gen 2), Oakley Meta Vanguard e Meta Ray-Ban Display, esta última acompañada da innovadora Meta Neural Band.
Versión mellorada da Meta Ray-Ban
As Ray-Ban Meta (Gen 2) melloran substancialmente respecto á xeración anterior. Ofrecen ata oito horas de autonomÃa, gravación de vÃdeo en 3K con HDR e novos modos como cámara lenta e hyperlapse. A función conversation focus permite amplificar a voz da persoa coa que se fala en ambientes ruidosos, e será compatible con modelos anteriores mediante actualización de software. Ademais, Meta AI evoluciona cara a unha presenza constante, con capacidades de asistencia en tempo real durante unha ou dúas horas, e prométese unha transición cara á intelixencia artificial always-on nos vindeiros meses. As novas lentes teñen un prezo que parte dos 419 euros.
Lentes máis deportivas
No ámbito deportivo, as Oakley Meta Vanguard representan a entrada decidida de Meta no mundo da intelixencia atlética. Cun deseño robusto e estilizado, estas gafas permiten gravar vÃdeo en 3K con estabilización, recibir estatÃsticas en tempo real mediante integración con Garmin e Strava, e activar gravacións automáticas ao alcanzar certos fitos fÃsicos. A resistencia á auga (IP67), os altofalantes máis potentes ata a data e as lentes intercambiables Oakley PRIZM completan un dispositivo pensado para deportistas de alto nivel. Estas novas lentes xa poden reservarse cun prezo que parte dos 549 euros.
Lentes con pantalla
Pero o verdadeiro salto conceptual chegou coas Meta Ray-Ban Display, as primeiras lentes de Meta con pantalla monocular de alta resolución (42 pÃxeles por grao) e brillo de ata 5.000 nits. Esta pantalla permite ler mensaxes, ver vÃdeos curtos, seguir indicacións ou recibir traducións en tempo real, todo sen interromper a presenza do usuario no mundo fÃsico. A pantalla aparece lateralmente e desaparece ao cabo de uns segundos, mantendo a estética e a funcionalidade equilibradas.
Estas gafas inclúen a Meta Neural Band, unha pulseira que interpreta os sinais musculares do pulso mediante electromiografÃa superficial (sEMG), permitindo controlar as gafas con xestos sutÃs e silenciosos. Esta interface neural representa un avance cientÃfico notable, con aplicacións potenciais para persoas con discapacidades motoras. O dispositivo é cómodo, resistente e ofrece ata 18 horas de autonomÃa.
A experiencia de uso das Meta Ray-Ban Display vai máis aló da interacción básica. Permiten enviar mensaxes mediante movementos da man, recibir chamadas de vÃdeo, navegar por mapas urbanos, controlar a reprodución musical e mesmo escribir mediante xestos, grazas á integración da Neural Band. A privacidade tamén se tivo en conta: a pantalla ten só un 2 % de fuga de luz e inclúe LED de captura para indicar cando se está gravando. O lanzamento deste dispositivo nos EE.UU.está previsto para o 30 de setembro a un prezo de 799 dólares (a Europa non chegarán ata primeiros de 2026, comezando por Francia e Italia).
Meta Quest segue avanzando
No ámbito da realidade virtual e aumentada, Meta presentou o novo motor gráfico Meta Horizon Engine, que permite mundos máis realistas e con maior concorrencia (ata 100 persoas simultáneas). O editor Meta Horizon Studio permite crear contidos 3D mediante comandos de texto, e a plataforma Horizon TV ofrecerá contidos inmersivos de Disney+, Universal Pictures e outros, con soporte para Dolby Atmos e Dolby Vision.
Para destacar aÃnda máis esta orientación dos visores de realidade virtual como sistemas de cine persoal, durante o evento conversouse co director James Cameron, para convidar finalmente aos usuarios de visores Meta Quest a ver un novo tráiler tridimensional de Avatar: Fuego y Ceniza dentro da aplicación Horizon TV.
Charla de apertura da Meta Connect 2025
