Meta presenta as súas lentes con IA en colaboración con Oakley
venres, 20 de xuño do 2025
Oakley e Meta unen forzas para crear unha nova categorÃa de lentes deportivas con intelixencia artificial, as Oakley Meta HSTN, un produto que combina o deseño recoñecible da marca coa tecnoloxÃa de Meta, coa intención de ofrecer ferramentas que melloren o rendemento fÃsico e faciliten compartir os momentos máis destacados da actividade deportiva.
O lanzamento das Oakley Meta HSTN, que terá lugar este verán, estará acompañado dunha campaña global protagonizada por figuras de elite como Kylian Mbappé e Patrick Mahomes, embaixadores de Team Oakley.
Estas novas lentes representan un salto cualitativo na categorÃa de dispositivos con intelixencia artificial integrada (mellorando a resolución da cámara e a autonomÃa fronte ás xa clásicas Ray-Ban Meta). O modelo Oakley Meta HSTN inclúe cámara de alta resolución (3K), micrófonos e altofalantes abertos que permiten escoitar música ou podcasts mentres se realiza actividade fÃsica, e un asistente de voz con IA (Meta AI) que ofrece respostas personalizadas en tempo real.
A súa autonomÃa alcanza ata oito horas de uso continuo (ata 19 horas en espara), con opción de carga rápida (ata un 50 % en 20 minutos) e un estoxo con capacidade para cargar as gafas ata 48 horas adicionais. Ademais, conta con resistencia á auga (certificación IPX4) para soportar condicións esixentes.
Os modelos dispoñibles ofreceranse en seis combinacións de cores e lentes, incluÃndo opcións con lentes PRIZM (unha tecnoloxÃa óptica propia de Oakley que mellora a percepción da cor, o contraste e a claridade visual) e lentes Transitions fotocromáticas. Haberá tamén unha edición limitada con lentes PRIZM Polar 24K e detalles dourados para conmemorar os 50 anos da marca.
As Oakley Meta HSTN estarán dispoñibles en varios mercados internacionais, incluÃndo España, a partir deste verán. A edición limitada poderá reservarse desde o 11 de xullo cun prezo de 499 dólares, mentres que o resto da colección partirá dos 399 dólares.
VÃdeo promocional das Oakley Meta HSTN
