Meta presenta o modelo de sÃntese de voz mediante IA máis versátil até o momento
venres, 16 de xuño do 2023
AÃnda
que nos últimos meses dáse a entender que a guerra polo mercado da intelixencia
artificial está protagonizado por OpenAI/Microsoft e Google, non podemos esquecer
que Meta xoga un papel moi importante, contribuÃndo significativamente aos
modelos de linguaxe en proxectos independentes, e para deixar claro o seu bo
facer neste eido presentan
Voicebox, o sintetizador de voz mediante intelixencia artificial máis
versátil até o momento.
Voicebox
pode producir pezas sonoras de alta calidade e editar son pregravado para, por exemplo, eliminar ruÃdos molestos preservando
o contido e o estilo do son orixinal. Amais, este modelo é multilinguaxe
(funciona en inglés, francés, alemán, polaco, portugués e español).
Esta tecnoloxÃa no futuro poderá empregarse para dar voces naturais a asistentes
virtuais, para que as persoas con eivas visuais escoiten o que escriben os seus
amigos coa súa propia voz xerada por IA e incluso dar grandes posibilidades aos
creadores de contido para crear e editar pistas sonoras dos seus vÃdeos. Tamén
poderá axudar a que as persoas poidan comunicarse verbalmente coas súas propias
voces aÃnda que falen distintos idiomas.
Cómpre salientar que dende Meta son conscientes do perigo desta tecnoloxÃa, que
pode empregarse con malas intencións (por exemplo, para suplantar a alguén e
realizar calotes), de aà que sexan transparentes con desenvolvemento desta
tecnoloxÃa, manténdose abertos aos debates sobre o uso responsable da
intelixencia artificial.