Meta segue avanzando na investigación de lentes sen pantalla
mércores, 29 de outubro do 2025
Meta leva un tempo traballando en lentes equipadas con tecnoloxÃa de intelixencia artificial moito máis avanzadas ás que vemos no mercado actualmente (como as Meta Ray-Ban), destacando especialmente as do proxecto Aria, do que hai un meses dimos conta de que xa chegaran á súa segunda xeración, e agora continúan a avanzar e pretenden abrilas a investigadores en 2026.
Estas lentes incorporan sensores de última xeración, capacidades de procesamento local e interacción auditiva mediante altofalantes integrados, e Meta quere achegalas aos investigadores a través de dúas vÃas de colaboración: unha orientada a centros académicos e outra para entidades corporativas. Os investigadores interesados deben presentar unha proposta detallada que inclúa os obxectivos cientÃficos, as funcións crÃticas do dispositivo para o seu proxecto, os perfÃs de gravación que pretenden empregar e os modelos que planean adestrar cos datos recollidos. Meta tamén solicita información sobre ferramentas alternativas consideradas e o motivo da elección de Aria fronte a outras opcións.
A iniciativa forma parte dunha estratexia máis ampla de Meta para liderar o futuro da realidade aumentada e a IA contextual. Segundo a compañÃa, estas lentes non inclúen pantalla, o que reflicte unha aposta por sistemas de prototipado centrados na percepción e na interacción auditiva, máis que na visualización directa, o que é toda unha sorpresa na actualidade, onde as Meta Ray-Ban Display xa son un produto comercial.
A convocatoria está aberta a investigadores de todo o mundo, con preferencia para propostas lideradas por directores de laboratorio ou investigadores principais. Os participantes poderán solicitar ata dez dispositivos e engadir ata cinco usuarios adicionais por proposta. Meta tamén ofrece acceso a un conxunto de datos piloto e documentación técnica para facilitar a integración das Aria Gen 2 nos proxectos de investigación.
