Metal Gear Online comeza a funcionar en consolas de videoxogos
mércores, 7 de outubro do 2015
Durante as últimas horas os usuarios do xogo Metal Gear Solid V: The
Phantom Pain para Xbox 360, Xbox One, PlayStation 3 e PlayStation 4
contan coa posibilidade de xogar a Metal Gear Online,
un modo multi-xogador en liña accesible dende o menú principal do xogo que
permitirá gozar de tres modos de xogo: Bounty
Hunter, onde 2 escuadróns teñen que terminar co número de tickets do equipo rival; Clock and Danger, onde un equipo ten a
misión de facerse cuns datos e o outro debe impedilo antes de superar o lÃmite
de tempo; e COMM Control, no que dous
equipos teñen que capturar os enlaces COMM, quedando no rango dos mesmos e
evitando que o equipo contrario se faga con eles.
Ao estarmos ante as primeiras horas do multi-xogador son moitas as incidencias
que está a experimentar o servizo, de xeito que actualmente os responsables do
xogo están a centrar o seu traballo en conseguir que os seus servidores funcionen
con estabilidade. Precisamente por iso, os usuarios que mercaron a edición
especial do xogo, que incluÃa contido descargable para o modo en liña, non
poderán recibir os elementos adicionais até finais de semana.
No caso dos usuarios de PC o modo en liña non estará dispoñible até primeiros
de 2016.
Tráiler de Metal Gear Online