Metal Gear Solid: Rising podería converterse nunha nova saga

luns, 28 de xuño do 2010 Marcus Fernández

Con Metal Gear Solid 4 a franquía de Snake debería chegar á súa fin, pero actualmente estase a traballar en Metal Gear Solid: Rising, nova entrega da saga que sitúase cronoloxicamente antes da última entrega, e que contará cun novo protagonista, o ninja cibernético Raiden, o que cambiará o enfoque do xogo, de xeito que non estaremos ante un título centrado na infiltración, senón que a acción xogará un papel preponderante e, ao parecer, poderían chegar a crear unha serie partindo desta nova entrega que chegará para PlayStation 3 e Xbox 360.
Para as consolas portátil xa está dispoñible a versión de PSP de Metal Gear Solid: Peace Maker e está en preparación Metal Gear Solid: Solid Snake 3D para a futura Nintendo 3DS, polo que vese que aínda que a trama central da franquía xa estea plenamente desenvolvida, o universo de Metal Gear Solid aínda pode dar moito máis de si.

PUBLICIDADE