Metal Gear Solid V terá unha edición definitiva en outubro
mércores, 31 de agosto do 2016
O desenvolvemento do xogo Metal Gear Solid V foi bastante complexo, o que levou a que o xogo
se dividise en dúas entregas, Ground
Zeroes, pensada simplemente para calmar os ánimos dos afeccionados
inquedos, e que poderÃa considerarse como un adianto ou prólogo do xogo final,
e The Phantom Pain, considerado o
xogo real. Para facilitar agora a
compra desta aventura, Konami anuncia que para o vindeiro 13 de outubro porá á
venda para PC, Xbox One e PlayStation 4 Metal Gear Solid V: The Definitive
Experiencie, que incluirá os dous xogos mencionados e todo o seu
contido descargable, ou sexa, o equivalente ás habituais edicións Xogo do Ano, confirmándose polo momento
que as edicións para consola terán un prezo de 39,99 euros.
Iso si, esta edición non sairá carente de polémicas, pois hai moitos que
consideran que The Phantom Pain non é
un xogo rematado, senón que o conflito de Konami con Hideo Kojima levarÃa a que
carecese de moito contido do que amosaron unha parte en vÃdeo como extra na edición para coleccionistas, a
coñecida como Misión 51, que servirÃa para pechar a historia, pero que
curiosamente este
material non aparecerá na experiencia
definitiva, o que non deixa de ser un tanto rechamante, xa que este contido
adicional enriquecÃa realmente a historia, amosando cando menos certo traballo
previsto inicialmente pero que non chegou a completarse por problemas de
orzamento e axenda.
Dende Konami deféndense das crÃticas dos seareiros da saga dicindo que o produto
final é o que saÃu á venda no seu dÃa, e que os contidos que se cancelaron
durante o seu desenvolvemento (que foron bastantes) non son oficiais, polo que
non aceptan as protestas de que esta edición recompilatoria estea incompleta.