Método económico para gravar vídeo en 3D

xoves, 18 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

As 3D están a converterse no fenómeno audiovisual do ano, pero a súa produción non é algo que teña que custar millóns de dólares, coma demostran Ron e Amy Jo Proctor nunha páxina web na que detallan cómo crear un dispositivo de captura de vídeo estereoscópico valéndose de 2 cámaras Kodak Zx1, un trípode e uns poucos complementos para poder simular a percepción tridimensional que captan os nosos ollos ao separar as dúas cámaras empregadas uns 6,5 centímetros.
Este invento custa en total uns 250 dólares, polo que é unha solución moi económica para poder rexistrar vídeo en 3D, que incluso poderemos gozar sen contar cun televisor especial empregando uns económicos lentes de cores que permitan ver anaglifos coma o seguinte vídeo de proba:


Os compoñentes precisos para montar un económico sistema de gravación estereoscópica

PUBLICIDADE