Mezcladitos, o sucesor de Apalabrados, estrea versión para iPhone
martes, 6 de novembro do 2012- Maximo Cavazzani, creador de Apalabrados, visitou España a semana pasada para dar anunciar o seu novo xogo
A semana pasada Maximo Cavazzani, director xeral de Etermax,
S.A. e creador do célebre xogo Apalabrados visitou España para participar no
encontro The App Date en Madrid e BDigital en Barcelona, aproveitando a ocasión
para dar a coñecer o que serÃa a súa no aplicación, Mezcladitos, que estarÃa
baseada tamén no concepto de formar palabras permitindo partidas
multiplataforma (de xeito que poderán competir usuarios de Facebook, iOS e
Android entre si).
O novo xogo, Mezcladitos, estreou nos
últimos dÃas versión de
balde para iPhone e iPod Touch, estando previsto o lanzamento da súa
versión para Android este mesmo mes. O xogo consiste en atopar palabras nun
taboleiro de 4x4 letras que poden conectarse en horizontal, vertical e diagonal
durante 3 quendas de 2 minutos cada unha, permitindo tamén o uso de power-ups que consumen moedas virtuais
(e que poden gañarse ou mercarse). Polo momento está dispoñible en español, francés,
italiano, sueco, alemán, inglés (de EE.UU. e Reino Unido), portugués (de
Portugal e Brasil), éuscaro e catalán, agardándose o seu lanzamento en danés,
finés, noruegués, polaco e galego.
Entre as vantaxes deste novo xogo está que os contactos de Apalabrados poden empregarse en Mezcladitos.
Precisamente sobre Apalabrados
Cavazzani anunciou durante a súa visita a España que o xogo estreará versión
para Windows Phone no mes de decembro, o que contribuirá a mellorar aÃnda máis
a base de usuarios deste popular xogo.
- Mezcladitos xa conta con versión para iPhone