Mickey Mouse acompaña aos novos Galaxy S9 e S9+ no seu lanzamento
venres, 16 de marzo do 2018
Os smartphones Samsung Galaxy S9 e S9+ chegan hoxe ás tendas
españolas, e aínda que son os teléfonos coa mellor pantalla do mercado que
tamén poden presumir de seren líderes
en cámaras, dende Samsung consideraron acompañar o lanzamento destes dispositivos
cunha curiosa novidade para os mesmos que chame a atención dos consumidores: a
estrea de AR Emojis de Mickey e Minnie Mouse, de xeito que sería a primeira
vez que estes personaxes de Disney poden empregarse en realidade aumentada para
ferramentas de comunicación e mensaxería. Tamén confirman que ao longo do ano
irán incluíndo a personaxes doutras franquías da Disney como Los Increibles, Zootrópolis ou Frozen.
Aínda que os AR Emojis destacábanse inicialmente pola súa personalización baseándose
na cara do usuario, o feito de poder empregar esta tecnoloxía con personaxes
coñecidos pode resultar moi atractivo para usuarios que queiran compartir pequenos
vídeos ou imaxes cos seus achegados ou a través das redes sociais tirando proveito
de figuras recoñecidas, especialmente polos máis cativos, que reflectiran as
expresións do usuario ao recoñecer a súa cara en tempo real.
Para poder acceder aos novos AR Emojis do S9 e o S9+ chega con acudir á aplicación
de cámara dos móbiles, ir ao modo de disparo Emoji de AR, e seleccionar o do rato Mickey ou o de Minnie. No caso
de non telo dispoñible, chegará con premer no botón de + para entrar na tenda
de aplicacións na que irán aparecendo novos AR Emojis nos vindeiros meses.
- Os novos AR Emojis poden descargarse nos móbiles Galaxy S9 e S9+ de Samsung