Microsoft 365 é a nova oferta para empresas da compañía de Redmond

luns, 10 de xullo do 2017 Marcus Fernández

Durante a celebración da conferencia Inspire o director xeral de Microsoft, Satya Nadella, presentou Microsoft 365, unha nova oferta da compañía de Redmond para empresas que recolle baixo o mesmo paraugas Office 365, Windows 10 e Enterprise Mobility + Security. Deste xeito Microsoft quere aproveitar a boa acollida que están a ter Office 365 (con máis de 100 millóns de usuarios de pagamento activos) e Windows 10 (con máis de 500 millóns de dispositivos en funcionamento) para afianzarse no mercado corporativo, ao que chegarán con Microsoft 365 Enterprise (para grandes empresas) e Microsoft 365 Business (para a PEME).
Microsoft 365 Enterprise ofrecerase en 2 plans (E3 e E5) que estarán dispoñibles a partires do 1 de agosto, mentres que Microsoft 365 Business, dirixido a compañías con até 300 usuarios, estreará versión preliminar o 2 de agosto, estando o seu lanzamento oficial previsto para o outono a un prezo de 20 dólares por usuario ao mes.

Microsoft 365 facilitará a produtividade en ordenadores e dispositivos móbiles dentro da empresa
Microsoft 365 preséntase como unha interesante fórmula para que as empresas contraten os servizos de Microsoft

PUBLICIDADE