Microsoft Copilot estrea aplicación para Mac
xoves, 27 de febreiro do 2025
Microsoft vén de sorprender lanzando nos EE.UU., Canadá e Reino Unido unha versión para macOS da aplicación do Microsoft Copilot, que facilita o uso do asistente de IA de Microsoft, podendo subir imaxes, xerar imaxes e texto, usar o lanzador de atallos, empregar o modo escuro e probar a función de Think Deeper.
A aplicación é moi semellante a empregar Copilot dende a web, coa grande diferenza de que pode invocarse o asistente mediante o atallo de teclado Comando + Espazo.
O Microsoft Copilot está actualmente dispoñible en España para iPhone e para iPad, axudando a tirar proveito dos modelos de IA de OpenAI e dos seus xeradores de imaxe, e para poder gozar desta ferramenta en macOS aÃnda non temos unha data prevista para España.