Microsoft, Nauterra, Krack e Nortempo comparten na Coruña a súa visión sobre a mercadotecnia na era da IA
mércores, 5 de novembro do 2025
APD e Avante, en colaboración con Nordés Club Empresarial, celebran este xoves 6 de novembro, na Coruña e a partir das 10.00 horas, o encontro A dirección de marketing na era da IA, unha cita dirixida a directores de áreas de mercadotecnia, comunicación e estratexia que buscan comprender como a tecnoloxÃa está a modificar o liderado empresarial e a xestión das marcas.
O encontro contará coa participación de Carolina Castillo, directora de Operacións e Marketing en Microsoft, quen ofrecerá unha visión global sobre o impacto da intelixencia artificial na estratexia e a toma de decisións. Ademais, os expertos de Avante, Enrique DÃaz e Eric Miguel Hormiga, abordarán como a aplicación da IA está a optimizar campañas e mellorando a eficacia publicitaria. A cita incluirá tamén unha mesa redonda titulada Creatividade aumentada: como as marcas galegas están a transformar o seu marketing, na que intervirán Elena Murillo, directora de Marketing e Comunicación en Nortempo; Sebastián Troyas, responsable de Marketing en Krack; e Jorge Alonso, director de Marketing da División Europa en Nauterra.
Todos eles compartirán experiencias reais sobre como están a aplicar a intelixencia artificial nas súas estratexias de marca, creatividade e relación cos consumidores. O encontro será inaugurado por Mercedes González, directora de APD en Galicia, xunto a Fátima Delgado, executiva de vendas de Avante, e Raquel Lago, vicepresidenta de Nordés Club Empresarial.
