Microsoft anuncia importantes avances en computación cuántica
mércores, 19 de febreiro do 2025
Levamos un tempo escoitando falar da computación cuántica coa promesa de que suporá toda unha revolución cando consiga unha escala que parecÃa distante, e que Microsoft di que está máis preto de facerse realidade grazas ao seu novo desenvolvemento: a unidade de procesamento cuántico (QPU) chamada Majorama 1, que asegura ser a primeira impulsada por un núcleo topolóxico, deseñada para escalar até un millón de cúbits nun único chip.
Paralelamente Microsoft dá conta da publicación na revista Nature dunha investigación que demostra a capacidade para aproveitar un novo tipo de material (o primeiro topocondutor do mundo) para desenvolver un tipo de cúbit radicalmente diferente, pequeno, rápido e controlado dixitalmente; asà como tamén asegura estar no bo camiño para construÃr o primeiro prototipo tolerante a fallos (FTP) baseado en cúbits topolóxicos para un ordenador cuántico escalable.
Estes anuncios xuntos darÃan a entender que estamos nun grande momento para a computación cuántica, pois nos vindeiros meses poderÃa dar un salto importante grazas aos últimos avances froito de preto de dúas décadas de investigación por parte de enxeñeiros de Microsoft.
VÃdeo no que dende Microsoft dan conta dos seus avances en computación cuántica