Microsoft anuncia novos auriculares sen fÃos para Xbox
martes, 16 de febreiro do 2021
O vindeiro 16 de marzo saen á venda a un prezo de 99,99 euros
nos novos
auriculares sen fÃos Xbox, produto que xa pode
reservarse na tenda en liña de Microsoft (chegando tamén a outras tendas nos vindeiros dÃas), e que buscan ofrecer unha boa
experiencia sonora para usuarios de Xbox One, Xbox Series X|S e PC, asà como
con dispositivos móbiles, estando deseñados principalmente para resultar
confortables durante longas sesións de xogo.
Estes nosos auriculares buscan somerxer aos usuarios nos xogos aproveitando
tecnoloxÃas de son espacial como Windows Sonic, Dolby Atmos e DTS Headphone:X,
prometendo alta calidade con baixa latencia; integrando diais xiratorios para
poder controlar o volume e o equilibrio entre o xogo e o chat dun xeito
intuitivo (permitindo tamén o encartado do micrófono cando non se use); facendo
uso de illamento de voz reducindo o ruÃdo de fondo cando se fala e aplicando
silencio automático cando non (deixando libres as canles de comunicación); e
contando con aplicacións de configuración en consolas Xbox e proximamente en
Windows 10.
Estes auriculares ofrecen ata 15 horas de autonomÃa tras 3 horas de carga, aÃnda que con só 30 minutos de carga achegan unha autonomÃa de ata 4 horas.
VÃdeo promocional dos auriculares sen fÃos Xbox
