Microsoft comercializa mandos de Xbox personalizados
venres, 18 de novembro do 2016
A
personalización de cores en produtos como zapatillas deportivas ou smartphones
de Motorola ten demostrado funcionar moi ben para crear obxectos únicos e
rechamantes que resulten moi atractivos para o usuario ao poder reflectir a súa
personalidade, e Microsoft
tamén quere ofrecer algo semellante aos xogadores de Xbox One, polo que ten
xa dispoñible para EE.UU., Canadá e EE.UU. o Xbox Design Lab, servizo que
permite personalizar un mando sen fÃos de Xbox para recibilos en 14 dÃas
laborables na casa tras a súa encarga.
O sistema permite elixir as cores do corpo, os gatillos e botóns frontais, a
cruceta dixital, os sticks, os botóns
e a parte traseira do mando, de xeito que teriamos máis de 8 millóns de
combinacións dispoñibles, custando cada mando 79,99 dólares só coa
personalización cromática e 89,98 dólares incluÃndo o gravado láser de ata 16
letras, tendo en calquera dos casos os gastos de envÃo de balde. Todo un acerto
de Microsoft a poucas semanas da campaña de Nadal, xa que ofrecen como opción a posibilidade de mercar códigos de agasallo para que a persoa que os reciba poida confeccionar un mando ao seu gusto. Queda por ver se este
servizo chegará algún dÃa a Europa.
O Xbox Design Lab permite combinar cores para crear millóns de mandos diferentes
