Microsoft deixará de supervisar a xunta directiva de OpenAI
mércores, 10 de xullo do 2024
O ano pasado rematou cunha grande polémica no seo de OpenAI, cunha xunta directiva que despediu abruptamente ao director xeral da compañÃa, Sam Altman, para ter que readmitilo pouco despois.
O acontecido molestou especialmente a Microsoft, o principal socio de OpenAI, que apostaba pola compañÃa pola confianza que tiña en Altman e a súa visión, polo que esixiu un posto de supervisión na xunta de OpenAI para evitar que se repitan situacións semellantes.
Agora anuncian que, tras os cambios de dirección en OpenAI non consideran necesaria a supervisión, polo que abandonan a xunta directiva de OpenAI. AÃnda que o seu posto non tiña dereito ao voto, resultaba evidente que podÃa percibirse como unha posición de poder e control, polo que Microsoft opta pola prudencia, evitando asà que os reguladores consideren que a compañÃa de Redmond ten unha posición dominante no ámbito da intelixencia artificial (aÃnda que o feito de que OpenAI estea a colaborar estreitamente con Apple deberÃa ser proba dabondo para evitar suspicacias).