Microsoft e Sony asinan un acordo para manter Call of Duty en PlayStation durante 10 anos
luns, 17 de xullo do 2023
A operación
de compra de Activision Blizzard por parte de Microsoft está a piques de
pecharse despois de que anulasen
o bloqueo á operación que impuxera a FTC nos EE.UU., e como boa mostra de
que a adquisición está a piques de facerse efectiva temos que a principal
compañÃas que se opoñÃa á mesma, Sony, deu o seu brazo a torcer, e finalmente asinou
un acordo para garantir que a franquÃa de Call of Duty estea presente en
PlayStation durante os vindeiros 10 anos.
Brad Smith (Microsoft) asegura que dende o primeiro dÃa tras a adquisición
demostrarán o seu compromiso para levar Call of
Duty a máis plataformas e máis consumidores que nunca, buscando asà tranquilizar
a reguladores, plataformas e desenvolvedores de xogos.
O que si resulta curioso do acordo pechado con Sony é que limÃtase
a Call of Duty, cando en xaneiro de 2022 Microsoft ofrecera a Sony un
acordo que incluÃa todos os tÃtulos de Activision en consola, e que a compañÃa
nipoa rexeitara, claramente como unha estratexia para oporse á compra de
Activision Blizzard, o que finalmente non lles sairÃa moi ben, pois durante o
xuÃzo entre Microsoft e a FTC chegaron a transcender correos electrónicos nos
que quedaba claro que dende Sony estaban seguros de que Call of Duty non
abandonarÃa as consolas PlayStation (xa que son as consolas domésticas que
xeran máis ingresos, e serÃa suicida non contar coa plataforma).