Microsoft estrea modelos máis económicos do Surface Laptop e o Surface Book 2

venres, 2 de febreiro do 2018 Marcus Fernández

Os ordenadores portátiles de Microsoft están a reducir a barreira de entrada nos EE.UU. con modelos económicos do Surface Laptop e do Surface Book 2, de xeito que o Surface Laptop, que saíu nos EE.UU. a un prezo de partida de 999 dólares (o modelo máis básico en España ten un prezo de 1.149 euros) consegue ser máis asumible grazas á emerxencia dun modelo con procesador Intel Core m3, 4 GB de RAM e 128 GB de SSD que véndese a 799 dólares (642 euros), o que é un prezo moi competitivo para quen busque un equipo desa liña.
Por outra banda, o Surface Book 2, que partía dos 1.499 dólares, ten agora un modelo con pantalla de 13,5 polgadas, procesador Intel Core i5, 8 GB de RAM e 128 GB de almacenamento que véndese a 1.199 dólares (964 euros), facendo moito máis accesible un equipo moi versátil e competente, que en poucas semanas sairá á venda en España, aínda que descoñecemos polo momento os modelos que estarán dispoñibles no noso territorio.
Estamos ante unha renovación dos portátiles de Microsoft con prezos á baixa, que non se conseguen mediante unha típica rebaixa, senón que a compañía de Redmond optou por reducir prestacións para poder chegar a un maior público.

PUBLICIDADE