Microsoft mellora o seu servizo de subscrición básico para Xbox
luns, 17 de xullo do 2023
Os
servizos de subscrición de Microsoft complicaran bastante as súas marcas ao
lanzar varias modalidades de Xbox Game Pass mentres se mantiña o Xbox LIVE
Gold, e finalmente este último evoluciona para converterse
o vindeiro 14 de setembro en Xbox Game Pass Core.
O novo Xbox Game Pass Core facilitará o acceso ao xogo en liña dende consolas
Xbox, achega ofertas e descontos exclusivos, e muda o xeito no que agasallo
xogos aos seus subscritores, pasando de achegar un par de tÃtulos ao mes (que
nos últimos anos eran totalmente irrelevantes) a ofrecer unha colección de máis
de 25 xogos que recibirá novos tÃtulos 2-3 veces ao ano.
O
catálogo orixinal de Xbox Game Pass Core está composto inicialmente polos
seguintes xogos: Among Us, Descenders, Dishonored 2, Doom Eternal, Fable
Anniversary, Fallout 4, Fallout 76, Forza Horizon 4, Gears 5, Grounded, Halo 5:
Guardians. Halo Wars 2, Hellblade: Senua’s Sacrifice, Human Fall Flat, Inside, Ori
& The Will of the Wisps, Psychonauts 2, State of Decay 2 e The Elder
Scrolls Online: Tamriel Unlimited.
Xbox Game Pass Core terá un prezo de 6,99 euros/mes ou 59,99 euros/ano, mentres
que o Xbox Game Pass custa 10,99 euros/mes e Xbox Game Pass Ultimate (que tamén
inclúe xogos para PC, xogos en streaming e unha selección de xogos de Electronic Arts) pode contratarse por 14,99
euros/mes. Temos asà que Microsoft potencia o servizo máis básico de subscrición
como un xeito de afacer aos usuarios a este modelo de negocio e asà animalos no
futuro a dar o salto a plans de subscricións máis completos.