Microsoft nega as acusacións da FTC relativas á compra de Activision Blizzard
venres, 23 de decembro do 2022
Microsoft
pechou un acordo de adquisición de Activision Blizzard por valor de 69 mil
millóns de dólares, quedando pendente a operación da aprobación dos distintos organismos
reguladores, resultando bastante sorprendente que o
organismo que regula a competencia nos EE.UU., a FTC, decidise opoñerse á
operación facendo seus case literalmente os argumentos presentados por
Sony, compañÃa que considera que o fortalecemento de Xbox pode prexudicar a
PlayStation.
Os argumentos esgrimidos pola FTC están a ser rexeitados por practicamente
todos os axentes do sector (incluÃndo o principal sindicato da industria nos
EE.UU.), polo que non sorprende a ninguén que a
resposta oficial de Microsoft neguen punto por punto todas as acusacións
presentadas pola FTC, e incluso manifestan que «dar aos consumidores
contido de alta calidade de máis xeitos e a prezos menores é o que as leis de
defensa da competencia teñen que promover, non previr», pondo en dúbida as motivacións
da FTC.
Microsoft insiste en que a empresa resultante da incorporación de Activision
Blizzard en Xbox é positivo para os xogadores, e aÃnda que se estea a insistir
moito na franquÃa de Call of Duty, eles consideran que o feito de que na
compra estea incluÃdo a compañÃa de xogos para móbiles King é moito máis
relevante, xa que permite a Microsoft avanzar no mercado dos xogos para móbiles,
abrindo moitas posibilidades.
Sobre Call of Duty deixan claro que non teñen a intención de facer que a
franquÃa pase a ser exclusiva de Xbox, e incluso están a ofrecer acordos a 10
anos vista con PlayStation, Nintendo e Valve. De feito as acusacións de Sony
resultan bastante cÃnicas, xa que a compañÃa nipoa di que Microsoft poderÃa prexudicalos
no futuro a través de Call of Duty, facendo que o xogo ou algún dos seus
contidos, non chegase ou chegase máis tarde a PlayStation que a Xbox, pese a
que Microsoft está a comprometerse a non facer tal e aproveitan a ocasión para
deixar claro que é Sony a compañÃa que opera asÃ, desvelando que os
xogos Final Fantasy VII Remake, Final Fantasy XVI, Silent Hill
2 e Bloodborne nunca poderán chegar a publicarse en Xbox por mor
de imposicións contractuais de Sony.
A resposta de Microsoft á FTC tamén nega que a compañÃa de Redmond mentise ante
a Comisión Europea sobre como Ãa actuar tras a compra de Bethesda (facendo que
os xogos Starfield e Redfall non vaian saÃr para consolas
PlayStation) e, de feito, a propia Comisión non considerou que Microsoft enganase
nas audiencias sobre esta outra importante adquisición.
Microsoft lembra que incluso tras a compra de Activision Blizzard a compañÃa
seguirÃa estando nunha terceira posición do sector dos videoxogos, quedando
aÃnda bastante por detrás de PlayStation e Nintendo; e sobre as reticencias
sobre o Game Pass, defenden que queren reforzar o servizo para facelo
atractivo, asegurando que Sony tamén ten PlayStation Plus, e incluso hai
servizos de xogos na nube como Amazon Luna, nVIDIA GeForce NOW e Google Stadia, ou sexa, que estamos
ante servizos emerxentes que non destacan precisamente pola falta de
competencia.
ConfÃase en que o procedemento xudicial contra a operación sexa rápido, pois está
previsto que a adquisición de Activision Blizzard poida completarse en xuño de
2023.