Microsoft non desbota a posibilidade de comercializar o seu propio teléfono móbil
mércores, 5 de setembro do 2007
Pese a que Steve
Ballmer comentara no pasado que Microsoft non tiña pensado seguir a senda de
Apple lanzando un teléfono de seu, a directiva Mindy Mount, nunha conferencia
na que falaba sobre os rumores da compra de RIM por parte de Microsoft ou a
resposta comercial do Zune, deixou
caer a posibilidade de que a compañía de Redmond desenvolvese un produto
semellante ó iPhone mentres destacaba que Windows Mobile debe traballar
nunha mellor integración de fotografías e música.
Mount asegurou que a creación dese futuro móbil non é unha prioridade para
Microsoft, pois están máis centrados en mellorar Windows Mobile, pero non o
desbotan para máis adiante.