Microsoft oferta a tableta HP Stream 7 a só 99 euros
venres, 26 de decembro do 2014
Microsoft
iniciou forte a campaña de Nadal en España a tableta HP Stream 7 na súa edición Signature (libre do molesto
software preinstalado co que veñen moitos equipos novos) a un prezo de só 129
euros, o que era de por si unha magnÃfica promoción para unha tableta capaz de
correr Windows 8.1 e que incluÃa 1 ano de subscrición a Office 365 e tres meses
do servizo Wuaki Selection, pero agora que estamos na recta final para a Noite
de Reis suben as apostas e a compañÃa de Redmond oferta
este dispositivo a un prezo de só 99 euros.
Esta tableta ideal para a reprodución multimedia e o uso de software ofimático
é asà unha auténtica ganga, xa que a subscrición anual a Office 365 ten un
valor de 69 euros (e, aparte das aplicacións ofimáticas de Microsoft tamén
inclúe 1 Tb de almacenamento en OneDrive), mentres que Wuaki Selection
ten un prezo mensual de 6,99 euros, e sumando ambos importes temos que a
tableta terÃa un custo duns 16 euros. O dispositivo é compatible con Miracast,
de xeito que tamén resulta doado proxectar a súa pantalla sen fÃos nun
televisor conectado que soporte esta tecnoloxÃa (o que pode resultar de grande
utilidade para, por exemplo, ver os contidos multimedia a pantalla grande).
A HP Stream 7 funciona cun procesador Intel Atom Z3735G de 4 núcleos a 1,33
GHz, 1 Gb de RAM, 32 Gb de almacenamento interno ampliable mediante microSD,
pantalla IPS de 7 polgadas cunha resolución de 1.280 x 800 pÃxeles, micro USB
2.0, cámaras de 2 e 0,3 MpÃxeles, Wi-Fi N, Bluetooth, baterÃa de 3.000 mAh
(cunha autonomÃa dunhas 8 horas), un grosor de 9,90 milÃmetros e un peso de
353,8 gramos. Opera con Windows 8.1 e pode ser unha solución moi axeitada para
o que queira gozar dunha tableta para consumir contidos, pero queira tamén
poder realizar tarefas propias dun ordenador persoal completo en momentos
puntuais.