Microsoft permitirá a modificación do buscador por defecto de Windows Vista

venres, 22 de xuño do 2007

Microsoft, atendendo ás demandas de Google, acordou modificar o seu Windows Vista para permitir que a función de busca instantánea non quede monopolizada por tecnoloxía de Microsoft, de xeito que se poderá empregar a solución de Google.
Este cambio en Vista efectuarase a través do vindeiro Service Pack do produto, de xeito que incluso se incluirán atallos na fiestra do Internet Explorer e do menú de navegación para facer doado o acceso á modificación do servizo de busca no escritorio empregado por defecto.

PUBLICIDADE